Stoupa.gal

Stoupa.gal Somos unha Tenda-Galería de Arte e Artesanía.100%Costa da Morte. Escollemos o mellor regalo para ti.

Vive la experiencia de entrar en un espacio que reúne el concepto entre galería de arte y tienda de artesanía local, con piezas exclusivas cargadas de tradición e historia de Costa da Morte. Compra, regala o llévate un souvenir donde la huella humana está presente.

01/11/2025

💥 Vidro, cor, nostalxia e cidade.
Todo desde a mirada fresca dun artista novo ocontodolobo con moito para dicir.

📸 Ademais, sumamos fotografías urbanas enmarcadas co personaxe de Mickey Mouse presente, que fan de contrapunto perfecto.

📍Stoupa
📅 Do 25 de setembro ao 24 de novembro
💬 Ven a ver, a charlar, a mirar de preto.

✨ Esculturas en bronce — Obras únicas ✨Pequenos formatos con gran presenza.�Cada escultura está realizada á cera perdida...
29/10/2025

✨ Esculturas en bronce — Obras únicas ✨

Pequenos formatos con gran presenza.�Cada escultura está realizada á cera perdida, un proceso artesanal que converte cada peza nunha obra irrepetible.
O artista Óscar Aldonza crea composicións que combinan forza e delicadeza, ideais para despachos profesionais, espazos privados ou como agasallos exclusivos.

Bronce, forma e emoción atópanse en pezas que transforman calquera ambiente.

🗿 Descobre máis obras ou solicita información sobre encargos personalizados.

23/10/2025

STOUPA · Agasallos que contan historias
Nas vodas máis especiais, os detalles marcan a diferenza.�Estas cuncas de Ribeiro personalizadas son unha peza única, creada para reflectir a esencia desta parella en concreto.

Ela, unha noiva galega representada por unha hortensia.�El, un noivo rioxano simbolizado pola vide e o acio de uvas.

Cada deseño se serigrafía artesanalmente, convertendo cada cunca nun recordo exclusivo para os comensais.
�Tradición, arte e personalización nunha soa peza.

✨ Personalización artesanal · Cerámica de calidade · Deseño exclusivo STOUPA

14/10/2025

“Royal Hotel”
Pintura inversa sobre cristal con prata de lei —

💥 Vidro, cor, nostalxia e cidade.
Todo desde a mirada fresca dun artista novo con moito para dicir.

📍Stoupa

💬 Ven a ver, a charlar, a mirar de preto…

30/09/2025

👀✨ Nova expo na galería!

🖼️ Carteis de Mickey Mouse reversionados como nunca os viches:
debuxados e impresos sobre cristal, con pintura inversa, papel prata e unha vibra pop que non dá tregua.

Por ocontodolobo

💥 Vidro, cor, nostalxia e cidade.
Todo desde a mirada fresca dun artista novo con moito para dicir.

📍Stoupa
📅 Do 25 de setembro ao 24 de novembro
💬 Ven a ver, a charlar, a mirar de preto.

25/09/2025

👀✨ Nova expo na galería!
🖼️ Carteis de Mickey Mouse reversionados como nunca os viches:
debuxados e impresos sobre cristal, con pintura inversa, papel prata e unha vibra pop que non dá tregua.

📸 Ademais, sumamos fotografías urbanas enmarcadas co personaxe de Mickey Mouse presente, que fan de contrapunto perfecto.

💥 Vidro, cor, nostalxia e cidade.
Todo desde a mirada fresca dun artista novo ocontodolobo con moito para dicir.

📍Stoupa
📅 Do 25 de setembro ao 24 de novembro
💬 Ven a ver, a comentar e a mirar de preto.

G***r destas pezas non só enriquece a alma, tamén transforma o espazo máis íntimo da túa casa. Son obras dunha beleza si...
11/09/2025

G***r destas pezas non só enriquece a alma, tamén transforma o espazo máis íntimo da túa casa. Son obras dunha beleza simple, creadas por un artesán incrible cun don: saber traballar coas mans, unha mente creativa con visión e unha mestría profunda no manexo e tratamento das arxilas.

Ademais, podes usalas para os teus conxuntos florais: o seu perfil limpo e a súa textura artesanal fan que as flores destaquen sen competir. Colócaas como centros de mesa, en repisas ou en recunchos de lectura para achegar calidez e carácter. Combínaas con ramos de tempada, plantas en macetas pequenas ou para crear composicións harmoniosas que coiden os detalles e o ambiente do teu fogar. Estas pezas funcionan tamén como base para arranxos verticais ou como pezas destacadas en vitrinas, achegando un toque de natureza e sofisticación a calquera espazo.

Grazas a Ricardo e Ana de Gato Vadio • Travel Blog por visitar nosa tenda-galería Stoupa e por compartir a esencia do no...
07/09/2025

Grazas a Ricardo e Ana de Gato Vadio • Travel Blog por visitar nosa tenda-galería Stoupa e por compartir a esencia do noso espazo coa súa comunidade. Estes días están a visitar e os establecementos adheridos a aos que pertencemos.
Foi un pracer recibilos e mostrarlles o mellor da nosa xente, as súas historias e o talento local que nos inspira día a día. Agradecemos o seu tempo, curiosidade e o percorrido por cada detalle que fai único a Stoupa A enerxía do local inspíranos a seguir falando convosco! 🧡✨

Recoméndovos seguir o seu blog e as súas redes, porque ofrecen información valiosísima para as vosas futuras viaxes, ademais de contar cunhas fotos incribles.
http://www.gatovadio.pt


Stoupa participa nunha rede de establecementos turísticos , que agrupa á maior parte do sector gastronómico, pero tamén do turismo activo, astroturismo e artesanía. Todo o que poña en valor o noso patrimonio natural e cultural do territorio ten cabida en . A campaña de meses con R para desestacionalizar o turismo na nosa comarca foi brillante. Convidar a comer o noso marisco en meses con R é unha aposta segura e, se o fas cunha vaixela elaborada nos talleres dos nosos ceramistas e oleiros, mellor aínda. E se realmente queres ver unha representación de artesáns e artistas locais, visítanos.

Este cadro de abstracción xeométrica forma parte da exposición do grupo Galeoska “Paisaxes” que poderedes g***r ata o vi...
06/09/2025

Este cadro de abstracción xeométrica forma parte da exposición do grupo Galeoska “Paisaxes” que poderedes g***r ata o vindeiro martes en Stoupa.gal.

“Solpores na Costa da Morte”
Colaxe
81x100cm
800€

O conxunto xera unha atmosfera de calma contida, onde a xeometría impón ritmo mentres os cambios de cor evocan a transición onde predomina máis o día que a noite. O horizonte defínese, as ondas e os reflexos sobre a auga suxírense como ondulaciones dentro dos rectángulos, sen representación literal, senón mediante a interacción de planos e cores.

Josecho González (Carballo 1969) pintor autodidacta residente e con estudo en Carballo. A súa obra baséase na abstracción xeométrica, caracterízase polo uso de distintas formas xeométricas, organizadas en ángulos rectos, mostrando unhas pezas cheas de cor como tema principal para compoñer o cadro, dándolle ritmo e movemento. Creando así unha harmoniosa conxugación de plasticidade, cromatismo e forza formal. As suas superposicións xeométricas pódelas atopar en diferentes formatos, en lenzo, en papel e mesmo composicións a modo de colaxe; superposicións de planos que crean uns volumes moi interesantes e coloridos.

Mónica Coto é unha artista que converte a madeira de deriva no mar, en esculturas que contan historias do natural e o ar...
03/09/2025

Mónica Coto é unha artista que converte a madeira de deriva no mar, en esculturas que contan historias do natural e o artesanal. Durante unha tempada en Stoupa, presentará pezas representativas do seu bo facer artístico, entre elas unha colección de peixes da mar salgada.�A singularidade destas obras non reside tanto na súa talla, senón no proceso que as xera. Todo empeza coa procura e recolección dos “tesouros” que o mar deposita na costa: madeira que a natureza arrastrou e desgastou, dotando a cada peza dun carácter único e auténtico. A partir de aí, Mónica Coto sente o material e transfórmao en arte, combinando a súa adestrada técnica de colaxe cunha paleta de cores amables que dulcifica a erosión e o brutalismo impostos polo mar. En cada obra percíbese esa simbiose entre a dureza do material e a delicadeza cromática que a artista sabe imprimir.

*Mar de Ardora*Óleo sobre lenzo100x80cm800€rusticarte Un mar nocturno esténdese cunha profundidade insomne, onde a auga ...
23/08/2025

*Mar de Ardora*
Óleo sobre lenzo
100x80cm
800€rusticarte

Un mar nocturno esténdese cunha profundidade insomne, onde a auga parece conter pequenas luces propias. Sobre a superficie escura, a luminiscencia do mar brilla como susurros iridiscentes e no horizonte, a noite encóllese ante a presenza da aurora mariña, unha danzada de tons fríos que rozan o límite entre o real e o fantástico. Ao fondo, xurdido da penumbra da paisaxe costeira, atópese un pobo. As súas casas e rúas, iluminadas, emiten unha calidez dourada que contrasta coa quietude do mar. Un fío de luz percorre a costa, coma se unha lanterna invisible guiase a mirada cara ao corazón do pobo, mentres a relación entre mar dinámico e paz costeira compón unha escena que convida a contemplar a inmensidade oceánica e a calidez humana.

Isabel Soutullo
👉Imaxina a unha artista apaixonada que utiliza o seu talento para abordar temas de conciencia social e ambiental a través da súa obra. Os seus cadros son un fermoso equilibrio entre o figurativo e o abstracto, o que permite que o espectador se mergulle nun mundo onde as emocións e as ideas entrelázanse. Con cada pincelada, ela convida á reflexión sobre a realidade que nos rodea, utilizando cores vibrantes e formas evocadoras que capturan a esencia da loita por un mundo máis xusto e sostible. O seu estilo único non só é visualmente atractivo, senón que tamén provoca un diálogo profundo sobre a importancia de coidar o noso planeta e de ser conscientes das problemáticas sociais que nos afectan a todos. Sen dúbida, a súa arte é un chamado á acción, unha forma de inspirar a outros a unirse á causa.






Obras únicas, exclusivas para os teus agasallos.A pegada humana na artesanía da nosa tenda é evidente, ofrecémosche peza...
13/08/2025

Obras únicas, exclusivas para os teus agasallos.

A pegada humana na artesanía da nosa tenda é evidente, ofrecémosche pezas únicas e de autor, porque cada unha delas son o reflexo da paixón polo traballo ben feito, a esencia da cultura local e o estilo persoal de cada un deles.

Conseguímosche o agasallo máis adecuado para a ocasión, personalizado ou exclusivo. Ti decides!







Dirección

Cee

Horario de Apertura

Martes 11:00 - 14:00
Miércoles 11:00 - 14:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00

Teléfono

+34661436483

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Stoupa.gal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Stoupa.gal:

Compartir