18/08/2026
VERÁN BELA FURTIVA
A costa galega veuse caracterizando por estar ateigada de casas de cores (cada vez menos) e está moi extendida a idea de que os mariñeiros tradicionalmente as pintaban así para poder distinguilas ao chegar desde o mar.
Pola contra, hai que pensa que se debía unicamente a que aproveitaban a pintura de cores que usaban para os botes e barcos. E pode incluso que fose unha mistura entre ambas cousas.
Do que se fala pouco é de onde procede o costume de revestir as fachadas de azulexo. Seguro que vos dades conta dun tipo de mosaico con puntiños pequenos que era do máis frecuente.
Pois resulta que os azulexos fixeron un longo percorrido antes de chegar a nós. Entraron na Península Ibérica da man dos árabes e acadaron moitísimo esplendor en Portugal, sendo un importante símbolo de prestixio, e converténdose nunha verdadeira arte.
Pero téndoos tan cerca, non nos chegaron directamente desde terras portuguesas, senón que, unha vez se expandiron ao Brasil e tiveron a implantación da que xa gozaban en Portugal, foron os nosos emigrantes ás Américas os que nolos trouxeron, poñendo un toque de distinción ás súas fachadas e dotándoas dunha durabilidade que con outros materiais non tiñan.
Hai casas de azulexos de cores no teu verán?