Agroyfores

Cómo llegar Contactar con la empresa

Agroyfores O que necesites, témolo. Campo · Animais · Fogar · Construcción Venta de todo tipo de leña, pienso y cereales. Servimos nuestros productos a domicilio.

13/10/2026

Despois dunha fin de semana longa coa ponte, volvemos por aquí para lembrarvos que en AgroYFores temos moito máis ca material agrícola.

Produtos de construción, alimentación para animais, ferretería, artigos de tempada e esas cousas difíciles de atopar que nunca sabes onde buscar.

Se non ves o que necesitas, pregunta. Pode que non saibas como se chama… pero seguramente nós saibamos onde está. 😉

A horta non remata cando acaba o verán 🌱O outono é o momento de retirar o que xa rematou, preparar de novo a terra e esc...
09/10/2026

A horta non remata cando acaba o verán 🌱

O outono é o momento de retirar o que xa rematou, preparar de novo a terra e escoller cultivos adaptados aos meses máis fríos.

E se non sabes por onde empezar, achégate por AgroYFores.

Cóntanos como é a túa horta e axudámosche a atopar as sementes e os produtos que necesitas para darlle continuidade.

07/10/2026

As primeiras choivas xa están aquí. Tes o tellado preparado? 🌧️

En AgroYFores atoparás tellas, placas de fibrocemento, láminas asfálticas, bandas de butilo e impermeabilizantes líquidos para poñelo a punto.

E se non sabes exactamente que produto necesitas, cóntanos o que queres arranxar e axudámosche a escoller a opción máis axeitada.

Hai cousas que parecen pouco importantes… ata que fan falta.Cinta illante, bridas, teflón, luvas ou un pouco de corda po...
06/10/2026

Hai cousas que parecen pouco importantes… ata que fan falta.

Cinta illante, bridas, teflón, luvas ou un pouco de corda poden sacarche de máis dun apuro na casa, na horta ou no garaxe.

En AgroYFores temos eses pequenos básicos que convén ter sempre a man.

E se buscas algo e non o ves, pregunta.

Seguramente o teñamos.

🐟 LIQUIDACIÓN NA TENDA!Temos descontos en produtos seleccionados de animais e acuariofilia:Comida para peixes e tartarug...
05/10/2026

🐟 LIQUIDACIÓN NA TENDA!

Temos descontos en produtos seleccionados de animais e acuariofilia:
Comida para peixes e tartarugas, peceras, aulas e máis produtos a prezos rebaixados.

Ata fin de existencias.

Se che fai falta algo, aproveita e pásate pola tenda 👀

📍 AgroYFores · Caldas de Reis

O que necesites, témolo.

29/09/2026

Hoxe presentámosvos Amity, unha marca de alimentación premium para cans e gatos que xa podedes atopar en AgroYFores.

Porque a súa alimentación tamén importa, e moito. 🤎

Se queredes saber cal é a opción máis axeitada para o voso can ou gato, preguntádenos na tenda e axudámosvos encantados.

Isto pasa moito: sabemos o que necesitamos, pero non como se chama. E ás veces, por vergonza, nin sequera preguntamos.Aq...
28/09/2026

Isto pasa moito: sabemos o que necesitamos, pero non como se chama. E ás veces, por vergonza, nin sequera preguntamos.

Aquí non fai falta coñecer o nome exacto. Como sempre vos dicimos, temos de todo e, cunha foto, unha mostra ou unha pequena explicación, seguro que atopamos o que estás buscando.

Ti pregunta. Para iso estamos nós.

23/09/2026
Hai cousas que non collen no coche. E outras que, aínda que collesen, mellor non cargalas a pulso 🚛Por iso, cando veñas ...
23/09/2026

Hai cousas que non collen no coche. E outras que, aínda que collesen, mellor non cargalas a pulso 🚛

Por iso, cando veñas por materiais pesados ou simplemente se o precisas, pregunta polo noso servizo de camión grúa.

Cóntanos o que necesitas e miramos como facelo.

Dirección

Baja, 3/Arcos Da Condesa
Caldas De Reyes
36655

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Martes 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Miércoles 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Jueves 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Viernes 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Sábado 09:30 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agroyfores publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Agroyfores:

Atajos

Compartir