13/06/2026
Degustación do obradoiro realizado co fantástico grupo de persoas maiores do Concello de Corcubión, no Albergue de peregrinos AGACS San Roque, na Costa da Morte. 🌿🍲
Nesta sesión mergullámonos nos usos tradicionais das herbas silvestres e cultivadas, recuperando receitas, saberes e lembranzas arredor da alimentación.
Sobre a mesa: sopa de ortigas, natillas de folla de figueira e infusión de fiúncho silvestre, tres elaboracións que nos conectan cun patrimonio inmaterial de enorme valor.
Este proxecto busca moito máis ca compartir coñecementos: pretende crear espazos de encontro, conversa e memoria colectiva, contribuíndo tamén a combater a soidade e fortalecer os vínculos entre as persoas participantes.
Foi unha marabilla escoitar historias, intercambiar experiencias e descubrir cantos saberes seguen vivos grazas á memoria deste grupo tan participativo, curioso e xeneroso.
Moitas grazas a María e a Promove ConsultoriaeFormación polo convite e pola confianza para formar parte desta iniciativa tan necesaria e enriquecedora. 💚