Artesanía Enxebre de Valdeorras

Artesanía Enxebre de Valdeorras Artesanía Enxebre de Valdeorras. Madeira con alma e raíces. Cada peza nace a man, con calma e intención.

Agasallos, carteis e creacións que gardan historia e levan un anaco de nós.

06/09/2026

Parabéns a rapazada!! Reto conseguido!! 🥳🥳🤗😍🥰

Sen tocar nunca unha máquina, sen ter nin idea de traballar a madeira,arremangáronse, coodináronse e puxéronse mans á obra pra crear unha escultura de 2 metros de altura!💪💪

Despois desta finde tan intensa (tanto pra nós como pra eles) non queremos escoitar nunca máis, que se a xuventude non quere traballar ou que si a xuventude esto ou o outro... ganas teñen dabondo! O que hai que darlle son OPORTUNIDADES!!

BEN FEITO EQUIPAZO!! 🥳🥳

Eco dos Teixos

05/09/2026

Onte xa comezou a pedazo de equipa de voluntarias e voluntarios do campo de voluntariado de Eco dos Teixos e que dicir!! Tengo en conta que a maioría non teñen experiencia ningunha, van moi a tope a pesar de ser xornadas duras de mañá e tarde.
A Áureana xa vai collendo forma💪💪

Chegou o momento!🤩🤩Por fin podemos desvelar o que andabamos a argallar estes derradeiros meses🥳-Cando dicíamos que aveci...
02/09/2026

Chegou o momento!🤩🤩Por fin podemos desvelar o que andabamos a argallar estes derradeiros meses🥳
-
Cando dicíamos que aveciñábanse cousas grandes referíamonos áo pedazo campamento organizado polas compas de Eco dos Teixos.
-
Ao longo distes días, o grupo de voluntarios e voluntarias percorrerán algúns dos fermosos recunchos da nosa comarca e, coas súas propias mans, darán forma á figura da aureana a tamaño real, que quedará exposta no malecón, contándolle a historia das bateadoras de ouro a quen pase por eiquí, peregríns, visitantes e veciños de toda a vila. E nós temos o pracer de guialos no proceso creativo!🤗

01/09/2026

Descoñecías o funcionamento dos nosos altofalabtes EcoSon? Pois eiquí un video tutorial sobre como empregalos🔊🔊
-
Non ten ciencia:
👉 Quítalle a funda ao teu móbil📱
👉 Busca a túa playlist favorita e dalle ao play ▶️
👉 Introduce o móbil na fenda✅
👉 Desfruta da túa música favorita onde queiras👌
-
Sinxelo verdad?
-
Para máis info, visita a nosa web:
artesaniaenxebre. com
-

31/08/2026

Lalo entrou en modo . Non sei si estar orgullosa ou peocupada😅
-

28/08/2026

Onte estivemos no albergue das compas do Eco dos Teixos compartindo un obradoiro de pirogravado cos e cas peques do campamento🌱
-
Foi un deses días de choiva no que, en vez de parar, decides crear, e ao final descobres que a madeira, a calma e as ganas fan o resto🤲
-
👉 Eti que fas en días de choiva?
-

26/08/2026

Cando comecei a pirogravar, merquei este pirógrafo pensando que sería perfecto para aprender. A realidade foi… distinta. Había cousas que ninguén me explicou ao principio, e acabei descubríndoas pola miña conta.

No primeiro capítulo da serie sobre pirogravadores conto a miña experiencia co modelo tipo bolígrafo: como funciona, que problemas dá e que aprendín con el.
Se estás empezando no pirogravado ou tes curiosidade por este tipo de ferramenta, pásate polo canle para ver o vídeo completo.

Gústache a artesanía en madeira? Déixame un comentario, que sempre é un pracer falar con xente que lle apaixona o feito a man.

Dirección

Praza Ramón Otero Pedraio Nº12 Baixo
El Barco De Valdeorras
32315

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artesanía Enxebre de Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir