06/09/2026
Hai agasallos que din moitísimo sen necesidade de palabras 💐❤️
Este precioso bouquet foi o detalle que alguén que quere moitísimo a Elia quixo facerlle chegar o día do seu aniversario, o 3 de setembro. 🥰
E a foto que nos enviaron despois… non pode gustarnos máis! 😍 Elia, feliz e perfectamente acompañada polos seus dous netos, gozando dun deses momentos que quedan para sempre. ❤️
Encántanos formar parte deses pequenos detalles que fan grandes os días. ✨
Queres sorprender a alguén especial? Cóntanos a túa idea e nós poñémoslle flores a ese cariño. 💐🌸