Torrado Belas Artes

Torrado Belas Artes Agardámoste no centro de Pontevedra cunha ampla escolla de material de belas artes e manualidades.

Nos últimos días achegouse á tenda moita xente pedindo consello para adentrarse no debuxo ou na pintura e fainos inmensa...
02/07/2025

Nos últimos días achegouse á tenda moita xente pedindo consello para adentrarse no debuxo ou na pintura e fainos inmensamente felices, agora máis que nunca. Nun momento no que non paran de intentar vendernos a IA por todas as frontes, vemos que a necesidade de crear non esmorece. E queremos insistir na palabra *necesidade* porque así é: a creatividade non se pode conter. Creando expresámonos, entendémonos, cumunicámonos e tecemos redes que nos sosteñen. Cando entendemos isto é sinxelo concluír por que hai tanto interese en destruir esta parte fundamental da nosa humanidade.

Se tes a sorte de ser das persoas que poden parar un pouco no verán, é unha época marabillosa para asomarse a este mundo. Cambian os ritmos, hai menos présas e podemos pararnos a observar o noso entorno.
Nós estaremos felices de axudarvos a escoller material e acompañarvos nos avances. Sempre insistindo na importancia de disfrutar os procesos e non deixar que a obsesión polo resultado perfecto nos paralice.

Pola nosa parte tamén baixamos un pouco o ritmo, descansamos os sábados e pechamos uns días na primeira quincena de agosto. Entrementres, sabede que sempre vos agardamos aquí ☺️

Todos os anos temos xente que se lle pasa o prazo sen saber que aquí temos os bonos Activa Comercio. A partir de mañá po...
03/06/2025

Todos os anos temos xente que se lle pasa o prazo sen saber que aquí temos os bonos Activa Comercio. A partir de mañá podedes descargar o voso e tedes un montón de tendas chulísimas en Pontevedra nas que os podedes usar, a nosa é unha delas ☺️ Queredes que vos deamos unhas cantas ideas??

Temos unha promo ben chula de  !! Mercando 10 follas de papel Arches grano fino levas esta carpeta tan xeitosa para gard...
08/04/2025

Temos unha promo ben chula de !!
Mercando 10 follas de papel Arches grano fino levas esta carpeta tan xeitosa para gardar as túas creacións ☺️

Olliño que son unidades limitadas!

Lembrade que temos á venda os calendarios de  !!!Son 7 euros e ademais de ser un agasallo chulísimo, o importe íntegro e...
19/12/2024

Lembrade que temos á venda os calendarios de !!!

Son 7 euros e ademais de ser un agasallo chulísimo, o importe íntegro emprégase en salvar e coidar a un montón de michis que o necesitan.

Botádelle un ollo ás stories para ver algúns dos peludiños aos que podedes axudar e que protagonizan o calendario de 2025 😻

Chamamento á xentiña dos xogos de rol, de mesa e do marabilloso universo das miniaturas en xeral:as ganas que tiñamos de...
17/12/2024

Chamamento á xentiña dos xogos de rol, de mesa e do marabilloso universo das miniaturas en xeral:
as ganas que tiñamos de contarvos que por fin temos minis na tenda!!! Acabamos de recibir un montón de figuras chulísimas feitas por que devecemos por ensinarvos. Andamos a mil co nadal e non tivemos tempo de sacarlles as fotos que nos gustaría pero hoxe chegou este mimic xigante e non puidemos aguantarnos.
Beholders, orcos, wéndigos, minotauros, mind flayers, devoradores de intelectos...un montón de bicherío para darlle vida as túas partidas!!

Despois de un curso súper intenso (grazas 💜) cambiamos ao horario de verán.Este ano imos descansar todos os sábados de X...
03/07/2024

Despois de un curso súper intenso (grazas 💜) cambiamos ao horario de verán.
Este ano imos descansar todos os sábados de Xullo e Agosto, agardamos que poidades acomodar as vosas compras durante a semana, se non falade con nós e algo argallamos!!

E lembrade que collemos 15 días de vacacións en agosto, entre os días 3 e 18. Daquela non nos veremos na praia porque este branco nuclear non se mantén só, pero máis que probable que sí nalgunha terraza (Isto último contámolo só para comprobar quen le o texto completo 😂)
Pero ata entón aínda falta un mes no que poderedes atoparnos listos para botarvos unha man aquí na tenda que, paga a pena dicilo, está de media uns 5 gradiños máis fresca que o exterior.

Que teñades o mellor verán, cheo de creatividade, boa compañía e descanso!!!

Con todo o axetreo aínda non nos deu tempo de presumir de posto no Ata o domingo podedes atoparnos aquí!!! ☺️
27/06/2024

Con todo o axetreo aínda non nos deu tempo de presumir de posto no

Ata o domingo podedes atoparnos aquí!!! ☺️

SORTEO SMLT E ROSA GALLERY Seguimos cos sorteos de !!! As boas xentes de .a.garriga cedéronnos un montón de material par...
27/06/2024

SORTEO SMLT E ROSA GALLERY 

Seguimos cos sorteos de !!! As boas xentes de .a.garriga cedéronnos un montón de material para sortear:

- 3 blocs A4 acuarela profesional SMLT
- 4 blocs A4 acuarela SMLT
- 4 blocs A4 bristol SMLT
- 2 caixas de acuarela Rosa

As condicións para participar:

- Facer unha compra no noso posto en BDra Gráfica
- Máximo de unha participación por persoa
- Poder recoller o premio na tenda (non se farán envíos!)

Vide visitarnos que xa estamos aquí! Na praza da Ferrería ata o domingo ☺️

SORTEO PENTELSeguimos cos sorteos con motivo do festival BDra Gráfica!! Este ano estreamos colaboración con  e estamos f...
26/06/2024

SORTEO PENTEL

Seguimos cos sorteos con motivo do festival BDra Gráfica!! Este ano estreamos colaboración con e estamos felices co que nos mandaron para vós ☺️

Temos 2 lotes chulísimos que se compoñen de:

- Tote bag deseñada por Paco Roca en exclusiva para Pentel
- Rotulador Pocket Brush + 2 recargas
- 3 rotuladores Sign Pen cores neón
- Rotulador Brush Sign Pen tinta negra pigmentada
- 2 rotuladores Mattehop 
- Portaminas Orenz  0,5MM
- Tubiño de minas Ainstein Pentel 0,5 H
- Goma de borrar ZEH-05CM
- Set de 5 uds Pointliner
- Bolígrafo Calme Pentel trio BXA37
- Estoxo tea con gramalleira Foldermate

Os únicos requisitos para participar son:

- Facer unha compra no noso posto en BDra Gráfica
- Máximo de unha participación por persoa
- Poder recoller o premio na tenda (non se farán envíos!)

E atención que aínda hai moito máis por sortear!! 👀

SORTEO CANSON - LYRA Pois imos alá!! Este ano é unha pasada a cantidade de cousas que temos para sortear con motivo do f...
25/06/2024

SORTEO CANSON - LYRA

Pois imos alá!! Este ano é unha pasada a cantidade de cousas que temos para sortear con motivo do festival BDra Gráfica ☺️

Hoxe contámosvos todo o material que temos de e para o sorteo principal, un superpack que trae:

- Caixa 36 acuarelas Graduate
- Caixa 24 rotuladores Lyra Aqua Brush selección manga
- Caixa 8 rotuladores Lyra Mark All
- Caixa 6 lapis grafito Lyra
- bloc A3 Canson Ilustration
- bloc A3 Canson Graduate Dibujo
- Bloc A4 Canson Graduate Manga

E dicimos sorteo principal porque temos tamén caixas de lapis, rotus e blocs que sortearemos de maneira individual, e tamén un montón de mostras para regalarvos!

Os únicos requisitos para participar son:

- facer unha compra no noso posto en BDra Gráfica
- máximo de unha participación por persoa
- poder recoller o premio na tenda (non se farán envíos!)

Hai ganas de BDra???

Do Xoves 27 ao Domingo 30 estaremos cun posto de venda na ferrería dentro do Festival de banda deseñada BDra Gráfica. De...
24/06/2024

Do Xoves 27 ao Domingo 30 estaremos cun posto de venda na ferrería dentro do Festival de banda deseñada BDra Gráfica. Desde o instagram do festival podedes acceder á páxina web e consultar a programación chea de presentacións, sinaturas, exposicións, cinema e xornadas profesionais.

Pola nosa parte esta semana irémosvos contando todas as cousas que imos levar, sorteos incluídos 🤭

Como imos estar alí os catro días, o horario na tenda esta semana vai variar un pouquiño, de luns a mércores estaremos en horario habitual e xoves e venres tan só abriremos pola mañá. Tédeo en conta para planificar as vosas compras!! E vémonos en BDra Gráfica ☺️

Concurso de acuarela organizado por  Estes días preguntástesnos moito por se aínda estamos en prazo e sí!!! Contámosche ...
14/06/2024

Concurso de acuarela organizado por

Estes días preguntástesnos moito por se aínda estamos en prazo e sí!!! Contámosche o resumo das normas e desliza 👉🏽 para ver ben todos os requisitos e asegurarte de que a túa creación pode optar ao premio

• Prazo ---> Ata o 30 de Xuño
• Como participo? ---> Comparte unha creación empregando polo menos unha das cores da paleta seleccionada e usando os hashtags
Desliza 👉🏽 para ver todos os requisitos
• Cales son as cores? ---> Amarelo Limón Escuro, Violeta de Cobalto, Turquesa de Cobalto, Tierra Verde, Marrón Magnesio, Rojo Venecia
• Cal é o primeiro premio? ---> material de acuarela Winsor&Newton valorado en 700 euros

Ollo!!!! Nós estaremos felices de axudarte con todas as dúbidas que teñas sobre as cores, formatos, técnicas ou incluso se non te manexas coas redes, pero somos alleos á organización e as decisións que se tomen no concurso 🙌🏻🙌🏻🙌🏻

Boa sorte!!!!!!!! ☺️

Dirección

Rúa Oliva, N 20
Pontevedra
36001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Torrado Belas Artes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Torrado Belas Artes:

Compartir