15/10/2026
Bo día internacional da muller no rural! 🟣🙌
Para todas esas compañeiras que silenciosamente loitairon e loitan, nos traballos fóra e dentro das casas, coa familia, e que termaron e terman de todos nós.
Sabemos o esforzo que hai detrás desta foto que sacamos hoxe, fai 11 anos abrimos as portas dun negocio no noso pobo con futuro incerto e agora estamos orgullosas do que conseguimos.
Un negocio no rural non é doado de levar, hai que dinamizarse, dar servizo, formarse e adaptarse a variedade de encargas e traballos. Pero aquí estamos poñendo o noso gran de area, satisfeitas de ver moitas outras mulleres, compañeiras, que traballan arreo para saír adiante e cumprir os seus soños.
Todas merecemos que este día nos dea visibilidade, ó noso traballo e á nosa loita diaria. E tamén a moitas que aínda hoxe dubidan de si mesmas.
Defendamos sempre os nosos dereitos. Non somos máis que ninguén, pero tampouco menos!
Bo día a todas as mulleres rurais e a todos os que celebrades con nós este día!