Coio Escola

Cómo llegar

Coio Escola Pezas do alumnado
☼ Obradoiros
☼ Clases mensuais

Cando a cerámica e a imaxinación se xuntan saen marabillas así 🧀✨ Un portaqueixos relado con moito estilo (e un chefiño ...
28/10/2026

Cando a cerámica e a imaxinación se xuntan saen marabillas así 🧀✨ Un portaqueixos relado con moito estilo (e un chefiño moi ben acompañado).

Feito a man no obradoiro polas mans dunha das alumnas que leva nas clases dende fai xa un ano 💛.

Este ano comezaron varias alumnas novas nas clases mensuais e moitas quixeron empezar facendo a súa propia cunca. Aquí e...
16/10/2026

Este ano comezaron varias alumnas novas nas clases mensuais e moitas quixeron empezar facendo a súa propia cunca. Aquí están as primeiras pezas feitas por elas mesmas! ✨

No proceso houbo altibaixos, pero encantoume ver como as compañeiras que xa levan máis tempo as animaban e acompañaban en cada paso.

O que si foi igual para todas foi a cara de alegría ao ver as súas cunquiñas xa esmaltadas e listas para usar.
Moitísimas grazas pola vosa enerxía e ganas de aprender! 💖

𖤓

Unha xarra para a auga feita e decorada a man pola alumna Belen Ramos Nas clases hai alumnas que lles encanta pintar e o...
13/10/2026

Unha xarra para a auga feita e decorada a man pola alumna Belen Ramos

Nas clases hai alumnas que lles encanta pintar e outras que eliminarían esa parte.

A vos que pensades que vos gustaría máis, pintar ou a parte de facer a peza?

20/08/2026

Setembro achégase e o taller volve encherse de barro, ferramentas e novas ideas. 𐃢

Abrimos as inscricións para as clases regulares de cerámica do curso 26/27.

Un espazo para aprender, experimentar e desfrutar do proceso de facer coas mans, en grupos reducidos e cun acompañamento personalizado.

As clases inclúen todos os materiais e coccións, para que só teñas que preocuparte de vir, experimentar e desfrutar do proceso.

As prazas son limitadas, así que se che apetece vir ao taller, podes escribirme por DM ou por WhatsApp no 661 00 62 81

𖤓

Hai persoas que parecen crear sempre desde o mesmo lugar, aínda sen decatarse. 🪸As pezas desta alumna están cheas de for...
16/07/2026

Hai persoas que parecen crear sempre desde o mesmo lugar, aínda sen decatarse. 🪸

As pezas desta alumna están cheas de formas orgánicas que lembran corais, anémonas ou pequenas paisaxes submarinas. Curiosamente, naceu lonxe do mar, pero nas súas mans aparecen unha e outra vez referencias que semellan saídas do océano.

Xa está traballando noutra peza desta serie… deberiamos poñelas todas xuntas no escaparate cando estean listas? 𓆝 𓆟 𓆞 𓆝 𓆟

✸

Hai un tempo ensinabámosvos a Chip… ☕️E hoxe por fin xa pode volver coa súa nai. 💛A señora Potts acaba de saír do forno,...
27/06/2026

Hai un tempo ensinabámosvos a Chip… ☕️

E hoxe por fin xa pode volver coa súa nai. 💛

A señora Potts acaba de saír do forno, modelada por unha das alumnas do taller, e non podemos evitar sorrir ao velos xuntos.

Hai pezas que, ademais de barro, están feitas de lembranzas.

𖤓

Xa está aquí o calendario de obradoiros do verán ☀️Haberá catro obradoiros diferentes para achegarte á cerámica.Os grupo...
25/06/2026

Xa está aquí o calendario de obradoiros do verán ☀️

Haberá catro obradoiros diferentes para achegarte á cerámica.

Os grupos serán de só 6 persoas para poder dedicar tempo a cada participante, acompañar cada proceso e crear un ambiente tranquilo no que aprender sen présas.

Desliza para descubrir cada un dos obradoiros e escoller o teu favorito ❤️

𖤓

Parece que os gatos tomaron as clases desta semana 🐈 🐈‍⬛Dous violeteiros con forma de gato e unha caixa para gardar boli...
08/06/2026

Parece que os gatos tomaron as clases desta semana 🐈 🐈‍⬛

Dous violeteiros con forma de gato e unha caixa para gardar bolis que tampouco se quedou sen o seu pequeno felino.

𖤓

Estas dúas cuncas teñen algo en común: ambas foron feitas para regalar 🌷A das flores foi creada por unha alumna para os ...
03/06/2026

Estas dúas cuncas teñen algo en común: ambas foron feitas para regalar 🌷

A das flores foi creada por unha alumna para os almorzos da súa avoa. A lila, pola miña alumna máis nova, de 8 anos, para o seu avó.

Sempre me parece especial cando unha peza non se fai para un mesmo, senón pensando noutra persoa. Hai algo bonito en imaxinar quen a vai usar despois.
♡

𖤓

Estas dúas cuncas teñen algo en común: ambas foron feitas para regalar 🌷A das flores foi creada por unha alumna para os ...
03/06/2026

Estas dúas cuncas teñen algo en común: ambas foron feitas para regalar 🌷

A das flores foi creada por unha alumna para os almorzos da súa avoa. A lila, pola miña alumna de 8 anos, para o seu avó.

Sempre me parece especial cando unha peza non se fai para un mesmo, senón pensando noutra persoa. Hai algo bonito en imaxinar quen a vai usar despois.
♡

𖤓

Dirección

Aureliano Ferreiro 11 Baixo
Maceda
32700

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Coio Escola publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios De Interiores cercanos


Otros servicios de interiores en Maceda

Ver Todo